30 nov 2010
Morre Fenández del Riego
24 nov 2010
Fomos á biblioteca da vila
Exposición de libros de X. Alcalá na biblio
E alí estaba Xavier Alcalá. Falounos de escribir, dos seus amigos que escriben, das historias que hai que contar e contalas ben... E citou libros e autores que el aconsella. Díxonos, por exemplo, que había que ler OBRIGATORIAMENTE: O paso do Noroeste, de X. Queipo, A esmorga de E. Blanco Amor, dentro da Literatura galega, e na literatura ibérica hai que ler a Eça de Queirós, a Torrente Ballester e por suposto a Julio Verne. Falounos de que García Márquez é un "pesado", igual que Pérez Reverte e que os libros "best sellers" como La catedral del mar ou Los pilares de la tierra. Sen embargo, díxonos que Cunqueiro é o CREADOR DO REALISMO MÁXICO.
Tamén nos falou dos gustos literarios da súa muller: os libros "interiores", de introspección e psicoloxía. A el -contounos- gústanlle máis os épicos, os de viaxes.
E, polo que puidemos darnos conta, non lle gusta o fútbol, polo menos non lle gusta que se perda tanto tempo con ese deporte.
Vive entre dous mundos: Bélxica e A Coruña e ás veces di que se esquece de onde está.
A moitos de nós gustounos, pasamos un bo rato escoitando a un gran conversador. Aínda que nos gustaría que nos tivese falado algo máis dun dos seus contos que acababamos de ler: "Paralelo 55". Outra vez será... Non si?