27 ene 2011

Giniel De Villiers, ¡¡Ese gran piloto!!


Quero felicitar a David Vidal pola claridade e a precisión da súa entrada invitando a participar neste blog a tódolos alumnos do centro. E quero facelo aquí, no canto de facelo en comentarios, para que todos o poidan ver á primeira, sen necesidade sequera de picar o enlace. A necesidade xa é miña, de darlle os parabéns a David e mais ós outros alumnos que sosteñen, da maneira que sexa, este sitio da rede.

¿E que ten que ver isto cos pilotos de rallyes?

Pois nada. O de Giniel De Villiers vén agora.

Probablemente moitos de vós saibades que Carlos Sainz gañou o setembro pasado, por 2ª vez, o Rallye da Seda, disputado en Moscova. ¿Como faría para gañarlle a semellante piloto?

Ollade aquí un extracto da noticia da axencia EFE, publicada por La Voz de Galicia naqueles días (tradúzoo ó galego):

"O piloto español Carlos Sainz (Volkswagen Touareg) mantense líder no Rallye Internacional Ruta da Seda (...) Sainz, acompañado do copiloto Lucas Cruz, clasificouse na segunda posición por detrás do surafricano Giniel De Villiers, quen completou en 2 minutos e 14 segundos os 617 quilómetros de percorrido entre as localidades rusas de Vyazma e Lipetsk" ¡¡Vaia máquina!!

Perdoade esta entrada tan informal ó lado das de David e de Begoña (moi coidada, sobre Cunqueiro). É consecuencia da miña teima de arquivalo todo.

"Curiosidades" coma esta teño gardadas varias de diferentes xornais. Se cadra outro día interrómpovos con outra.

Ata máis ver

2 comentarios:

Begoña dijo...

Eu espero impaciente as túas "interrupcións curiosísticas" e que o blog se vaia enchendo de contidos, comentarios, informacións, curiosidades e demais.
Saúde!

Irene T. dijo...

Pois iso non o sabía, o do piloto, moitisimos parabéns da miña parte, e.... que siga así!