24 may 2011

Camiñando pola vida



Este é un poema que fixen nunha tarde de reflexión. Cando me chegou a inspiración, collín papel e lapis e escribín esta obra.

Camiñando pola vida

Ás veces vou dar unha volta pola vida,
apetéceme.
A vida non é só ir dando alancadas,
hai que vivir cada minuto,
eu sinto cada minuto que vivo.
Vou percorrer un dos seus longos camiños.
Teño que poñer
os zapatos da liberdade,
a miña chaqueta da esperanza,
as miñas gafas de sol,
para ver todo con máis alegría.
E collo a miña búsola,
que marca os lugares onde todo é fermoso.
Malia que a situación sexa mala,
eu nunca me rindo,
afronto todos os perigos sen medo.
Porque sei que aínda que me pase algo,
vivín a vida ata o último minuto,
e non me arrepinto de nada do feito.
Son unha persoa altruísta
e teño a conciencia tranquila.
Xa estou canso de andar,
o meu camiño remata aquí,
así que, amigos,
este é o meu fin.

Tamara Allegue López

1 comentario:

Begoña dijo...

Tamara, que bonitas as cousas que dis nese poema, que esperanzador e optimista e tamén, á vez, profundo e con sentimento.
Gustoume moito.
Parabéns!