
30 nov 2010
Morre Fenández del Riego

24 nov 2010
Fomos á biblioteca da vila
Exposición de libros de X. Alcalá na biblio
E alí estaba Xavier Alcalá. Falounos de escribir, dos seus amigos que escriben, das historias que hai que contar e contalas ben... E citou libros e autores que el aconsella. Díxonos, por exemplo, que había que ler OBRIGATORIAMENTE: O paso do Noroeste, de X. Queipo, A esmorga de E. Blanco Amor, dentro da Literatura galega, e na literatura ibérica hai que ler a Eça de Queirós, a Torrente Ballester e por suposto a Julio Verne. Falounos de que García Márquez é un "pesado", igual que Pérez Reverte e que os libros "best sellers" como La catedral del mar ou Los pilares de la tierra. Sen embargo, díxonos que Cunqueiro é o CREADOR DO REALISMO MÁXICO.
Tamén nos falou dos gustos literarios da súa muller: os libros "interiores", de introspección e psicoloxía. A el -contounos- gústanlle máis os épicos, os de viaxes.
E, polo que puidemos darnos conta, non lle gusta o fútbol, polo menos non lle gusta que se perda tanto tempo con ese deporte.
Vive entre dous mundos: Bélxica e A Coruña e ás veces di que se esquece de onde está.
A moitos de nós gustounos, pasamos un bo rato escoitando a un gran conversador. Aínda que nos gustaría que nos tivese falado algo máis dun dos seus contos que acababamos de ler: "Paralelo 55". Outra vez será... Non si?
15 nov 2010
Cita na biblioteca da vila

5 oct 2010
ESTE CURSO 2010-2011

15 may 2010
O noso traballo con Novoneyra

Este é o resultado final de todo o traballado por nós (1º ESO e 4ºA ESO) sobre o autor homenaxeado este ano o día das nosas LETRAS durante o curso 2009-2010.
Hai información, presentacións, datos biográficos, fotos... e tamén incluíremos -cando rematemos de gravar- un recitado dos seus poemas que faremos 3ºA ESO e 4º A ESO, acompañados de música de flauta -tocada por Juan Vázquez-.
27 feb 2010
QUEREDES XOGAR?

Nesta páxina tedes un xogo cos autores aos que algún ano se lles dedicou o día das Letras Galegas. A ver canto sabedes! Xogade por grupos -como nos traballos- e apuntade nos comentarios os vosos nomes e o tanto por cento de acertos conseguidos para sabermos ao final que grupo é o gañador.