28 feb 2011

Dedicámoslle un poema a LOIS PEREIRO

O AMOR:
Bisbiséame un bico, un bico de pracer,
un pracer con sabor, sabor aos teus beizos,
beizos de lume, lume nos teus aloumiños,
aloumiños que aman...
ÁMAME!
A ENFERMIDADE:
O virus toma as rendas da miña makinaria.
Vivindo entre outras vidas, esquezo a miña propia vida;
destruíndo as tebras da ignorancia, gaño a miña guerra.
A MORTE:
Peor cá morte, o medo a morrer.
Peor có medo a morrer, o medo a vivir.
LOIS!!!
Escribimos este poema para Lois porque é un referente na cultura galega e eliximos eses temas porque nel se repiten constantemente. Tamén o fixemos porque Begoña non parou de insistir en que lle dedicasemos un poema despois de ter traballado tanto coa súa poesía...
GUSTOUVOS?
Juan Picos, Nerea López e Patricia Freire.

26 feb 2011

ÉTER

“Éter”
A lus caíu da fiestra
co enorme mar de plumas da alborada
para anunciar que todo amor é inútil
mentres pinga con ritmo salvaxe a cortina xeada do teu odio.
Lois Pereiro neste poema comeza dicíndonos que no momento no que o sol sae, no amencer, a luz apareceu pola súa fiestra. Para el ese feito significa que todo o amor que sente pola súa amada é inútil, porque ela se fixo un escudo (cortina xeada) e comezou a odialo, non sabemos por que motivo. Patricia Freire

21 feb 2011

Silvia explica un poema de Lois Pereiro


"Vendo eses ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da mortcoa súa vida

féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as veértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura".


O QUE ME INSPIRA ESTE POEMA:
Amor agonizante, rocordos doces, impaciencia desbordante, amor, máis
amor acumulado. Refuxio, agarimo, confidencia, seguridade... todo iso é o que este
amor lle permitía sentir, sendo agora un recordo latexante e
omnipresente que lle causa dano.

SILVIA BLANCO

17 feb 2011

Comenta Juan Picos

Este é o poema que eu escollín para contaros algo sobre el. Vai:

Dos días que reserva para min o destino
cada una das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñando nas túas noites
ou prorrogado en ti.

Gústame este poema porque trata da loita incesante de alguén por pasar o resto de tempo de vida que lle queda xunto á persoa que ama. Escollín este poema porque me impactou moito todo o amor dunha persoa cara a outra, xa que penso que eu estou vivindo algo similar.

16 feb 2011

Lois e o selo!!!

Neste ano, alguén dunha rede social tivo a idea de enviar aos seus amigos, co motivo de ser Lois Pereiro o protagonista das Letras Galegas do ano 2011, cartas cun selo personalizado del.
Esta persoa levou a sorpresa de que Correos non o aceptou: "El pedido no cumple las condiciones de validación", dixéronlle.

As condicións que Correos impón para validar un selo de correos son as seguintes:

Non se admiten imaxes de persoas vivas, agás a do xefe do estado e a da familia real.
Os contidos das imaxes deben ter un sentido positivo, exceptuando os que van en contra do cancro, sida...
Dado que os selos son elementos de comunicación, o seu contido non debe ferir susceptibilidades nin debe ser causa de polémica.
Nas imaxes protexeranse os dereitos dos menores e o honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe.
Correos resérvase o dereito de rexeitar calquera imaxe por calquera motivo diferente dos aquí mencionados.

Non se sabe por que rexeitaron o selo de Lois, xa que cumpre todos os requisitos; Lois Pereiro está morto, a imaxe non é contraria á lei, nin fere sensibilidades, nin ten un sentido negativo... En fin... suponse que foi rexeitada polo de "Correos resérvase o dereito a rexeitar imaxes por calquera motivo diferente dos aquí mencionados". Iso será...

Asdo.: Alejandro Pérez López (se queredes usar o selo, nunha entrada deste blog indícasevos a onde podedes dirixir a vosa carta con poemas de Lois e co SEU SELO!!! Remexede polo blog adiante e animádevos a enviar o voso MAIL ART!!!).

15 feb 2011

Juan e Xandre comentan agora














Narcisismo
Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul.

O poema “Narcisismo” leva ese título porque fai referencia a Narciso, un home que se miraba no río porque estaba namorado de si mesmo e que acaba caendo nas augas nacendo alí a flor que leva o seu nome.

Representa o suicidio dunha persoa cortándose as veas a causa do sufrimento da vida. É un poema triste xa que non é normal que unha persoa chegue a eses extremos.
E tamén representa o narcisimo do poeta porque el se mira a si mesmo, en concreto mira o seu sangue, as súas veas, para morrer como Narciso.

Xandre e Juan Picos

Outro poema máis

“A Través do Colchón ”
Virá calada, oculta e con nocturnidade,
chegando desde abaixo a través do colchón,
entre as derivacións intuídas e temidas
dunha vírica rebelión interna:
a herdanza que conservo e atesouro
como se fose a miña propia sombra.

Conclusión que saco despois da lectura do poema:
O poeta atópase enfermo na cama e sabe que a Morte se achega a el.
Penso que este poema foi escrito despois de que se lle detectara o VIH, polo que cando di “rebelión vírica interna” pode referirse á Sida que vén coa Morte para levalo... e el, tristemente, sábeo ou intúeo.

David Vidal

"O MUNDO LOIS"

“O MUNDO LOIS” é un espectáculo (ideado por Antón Reixa, amigo do autor, e dirixido polo poeta Lino Braxe) que conta cun audovisual que pretende falar del con palabras e tamén con imaxes, vídeos e son. O propio Lois Pereiro fixo cousas relacionadas coa musica, as artes plásticas e o cinema. Nel, coa voz dun actor e unha actriz inténtase facer un espectáculo sedutor e indistimplinar que resuma a súa vida artística.

Lois Pereiro foi un autor moi peculiar caracterizado pola súa linguaxe e por unha estética especial. A linguaxe utilizada no espectáculo “O mundo Lois” pretende achegarse aos mozos e mozas co uso de palabras usadas na actualidade e tamén polo propio autor.

Aquí tedes a páxina web de "Mundo Lois". Mirade o vídeo que explica quen fai este espectáculo e onde hai un fermoso poema de Lois Pereiro recitado por Lino Braxe.
Manuel Grueiro

David cóntanos a vida e a obra de Lois Pereiro

Lois Pereiro

BIOGRAFÍA

Lois Sánchez Pereiro foi un famoso poeta e escritor galego, a quen este ano se dedica o día das Nosas Letras, contra todo prognóstico xa que é un autor a quen moitos consideraron “maldito”, “transgresor”, “underground”, “punk”... Pero a Academia, presidida por Méndez Ferrín, “tirouse á piscina” e aquí temos a Lois entre nós para festexar o 17 de maio de 2011.

Lois Pereiro naceu no ano 1958, en Monforte de Lemos e morreu na Coruña no ano 1996. Como vedes, morreu sendo aínda moi novo, xa que contaba con 38 anos só.

Cando tiña 17 anos viaxou a Madrid, para cursar Ciencias Políticas, que máis tarde deixaría polos idiomas, a literatura e a informática. Lois Pereiro sempre sentiu un gusto especial pola literatura, gusto que foi en aumento cando colaborou na revista “Loia”. Esta revista fundouna xunto a Manuel Rivas e Antón Patiño e só se publicaron catro números.

Cando voltou a Galicia, con 23 anos, tivo que compaxinar profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético e contribuíu coas súas aportacións a publicar obras de poesía de autores diversos. Este esforzo non pasou desapercibido para a RAG que destacou a importacia do seu traballo. Na Coruña, entrou a formar parte do “Grupo de Amor e Desamor”. Este grupo escribiría dous libros con ese mesmo título.

En marzo do ano 1995 Lois tiña 37 anos e quedábanlle trece meses de vida. O tempo nunca conseguira borrar as marcas que a colza (o famoso aceite desnaturalizado que matou un gran número de persoas por esas datas en España) deixara no seu corpo, cando se envelenou con el en Madrid con apenas 23 anos. Xa abandoara por estas datas a heroína, pero xa era tarde e había un ano que lle diagnosticaran a SIDA e fora hospitalizado varias veces. O poeta ventáralle o alento á morte varias veces xa. Morre o 24 de Maio de 1996.

BIBLIOGRAFÍA:


Aínda que escribiu moitos poemas e artigos interesantes e importantes, non foi ata 1991 cando se publicou o seu primeiro libro: Poemas 1981/1991.
Tres anos despois publicou Poesía última de amor e enfermidade.
Outro libro seu é Poemas para unha Loia, publicado despois da súa morte.
Tamén se publicaron postumamente o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia e a novela, inconclusa, Náufragos do paradiso.

David Vidal

13 feb 2011

Outro poema

Este coméntanolo Irene Valiño. Lédeo, pensade e contádenos se estades de acordo co que ela nos di. Esperamos que vos guste tanto como a ela.

Tristemente convivo coa túa presencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña reitarada prevenytiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

Este poema de Lois Pereiro trata sobre algo que perdeu ou que xa non pode ter. Di que non pode vivir sen ter ese amor, e que non se vai dar por vencido senón que vai seguir loitando, aínda que estea entre a vida e a morte.

Cando lin este poema encantoume a sinceridade do autor, a valentía, a coraxe, a paixón... Creo que é un dos mellores del, o que mellor representa os seus sentimentos máis íntimos. Sentinme marabillada. Con este poema o autor conseguiu que me lembrara duns recordos moi bonitos pero tristes. IRENE VALIÑO

Carla e Irene comentan o "testamento" de Lois P.


Testamento literario de Lois Pereiro

Conversa ultramarina, que así é como se titula o diario que Lois P. escribiu entre os meses de marzo a xuño de 1995, é como unha longa carta que está dirixida á xornalista Piedad R. Cabo, a súa parella durante moitos anos. El chamouno o seu TESTAMENTO LITERARIO e, como vedes, escribiuno un ano antes de morrer.

Piedad R. Cabo recibiu a primeira entrega en San Francisco e a segunda en Santiago.

Nas cartas alenta un retrato íntimo, complexo, ás veces lúcido e ás veces estarrecedor, dun poeta brillante que quixo chegar ao fondo escuro dos seus propios erros para ser dono de si mesmo.

11 feb 2011

Música para Lois

Aquí podedes escoitar unha canción dun grupo de PUNK galego, Radio Océano, escrita coa letra dun poema de Poesía última de amor e enfermidade de Lois Pereiro ("Narcisismo").
Lois Pereiro tivo varias colaboracións con ese grupo. Dentro de pouco contarémosvos algo interesante. De momento... escoitade!

Prayer (Pregaria)

Así é o título deste poema que agora nos comenta Nerea:

Prayer
Agora pecha os ollos
e imaxina
que o que escoitas
é unha pregaria atea
dirixida a ti na escuridade
por unha voz invisible e perdida
nos tempos dun amor
ritualizado

Escoita como atravesa o silencio
ese rumor carnal desesperado
que se achega nocturno á túa existencia
contaxiado cos seus os teus desexos
e penetrando en ti vaise asentando
inaudible e fatal
nas túas entranas
xullo, 95

Trátase dun poema escrito por Lois Pereiro no que se narra unha relación na que el se está a dirixir á persoa coa que mantén esa relación.
Para “camuflar” esa relación utiliza como recurso a relixiosidade, que se pode apreciar xa no título “PRAYER”, que significa pregaria. Tamén fai referencia ao prohibido desa relación, ao relacionar a pregaria coa palabra “atea”, que ten un significado totalmente oposto.

Eu interpreto así este poema de Lois Pereiro. E vós? Nerea López

Seguimos con Lois Pereiro

Xa case vén sendo da familia. Seguimos con el e aínda estaremos un tempiño porque Lois Pereiro dá para moito e por riba estanos gustando...
Agora coméntovos eu un poemiña que me gustou moito:

Outro poema de amor
El xa non sentía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen.

A interpretación que eu lle dou a este poema é:
Os personaxes son unha parella, que pode ser que convivan xuntos. Ela é a encargada das tarefas da casa... Pero a súa relación, non sabemos por que motivo, foise desgastando, e el farto da súa vida, suicidouse. Ela, cando o ve alí tirado, enriba da alfombra, xa non sabe se o quixo algunha vez, nin tan sequera se o botaba de menos; simplemente pensa que terá que limpar a alfombra, facer ese traballo cotián... e iso é o único que ocupa o seu pensamento. Polo que máis parece que o poema debería titularse: OUTRO POEMA DE DESAMOR.
Non credes? Que opinades? Patricia Freire

10 feb 2011

EPITAFIO


Estas palabras, tomadas dun poema de Lois Pereiro, están escritas na súa tumba, no cemiterio de Santa Cristina do Viso (O Incio):

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".

Que pensades que queren dicir? Atrevédevos a opinar!

9 feb 2011

É o turno de Alex


"Soir. La femme qui est derrière moi
me regarde á travers du miroir que j'aie
dévant ma face. Soir. Et le soleil brule nos ames.
Le désir chante. Et moi, maintenant, tout hereux d'être vivant.
Quérote. Soir. Serán. A muller que teño detrás obsérvame
polo espello que hai xusto diante miña. Serán.
O sol está a arder nas nosas almas. Canta
o desexo. E eu, agora, feliz de seguir
vivo. Je t'aime. Serán. Escribo
isto con calma e sigo
sendo o mesmo, ou
iso penso.
Creo".

Este poema, escrito por Lois Pereiro no seu libro Poesía última de amor e enfermidade, é unha especie de caligrama con forma uterina. Lois P. construíuno así porque: "Debo soñar desperto en todo o que hai de erótico na terra. Ser amable, levemente perverso; e aproveitar a gratuidade da beleza."

O poema contén, na súa primeira parte, os versos en francés e despois tradúceos a galego. A lingua francesa ten os esteriotipos de amor e paixón, por iso creo que é utilizada neste poema, para expresar eses sentimentos e reforzalos.

O poema describe unha escena na que un home se está a observar a si mesmo nun espello e unha muller, xusto detrás del, estao a mirar a través dese espello. Describe como as súas almas arden polo sol e que o desexo canta, expresando claramente a paixón que hai entre os dous.

Ao longo do poema, describe un momento do día: "le soir", o serán, o atardecer, co obxectivo de incrementar o significado deses sentimentos, xa que ese momento do solpor tamén está relacionado co amor, co instante no que os namorados se atopan, coa paixón en fin.

Alejandro Pérez

E segue comentando Patri 2

"A Ti, única desde por e para sempre,
fagas o que fagas, ou esteas onde esteas
para Ela, que me reanudou sen dor entre
poemas; todo o que podo e que aínda teño
por Ela, Ela e Ela,
á miña beira sempre, e eu nelas
e a todas Elas, as que foron ,son e serán
obxecto e causa
deste amor que resucita ilimitado".

Intentarei explicarvos que sinto eu con esta dedicatoria que aparece nunha das partes do libro Poesía última de amor e enfermidade.
Esta é a dedicatoria que Lois Pereiro lle fixo ás súas amadas, pero en especial a unha. A Ela (con maiúsculas... por ser MOI IMPORTANTE) van dedicadas todos os poemas de amor porque di que con Ela o tempo se para e el é feliz. Fainos ver que esa muller lle dá cariño e forzas estea onde estea. Tamén nos di que Ela é polo que escribe este poema: Ela é obxecto e causa.
Outra interpretación que se lle pode atribuír é que él viviu unha etapa na que non podía escribir porque non tiña imaxinación... pero apareceu na súa vida unha muller, única para el, coa que a inspiración volveu á súa vida.
Pero na última parte esa muller que el dicía que era única, parece que en certa maneira deixa de selo. Nese último fragmento aparecen outras mulleres, das que non coñecemos nada, pero di e fainos ver que con elas tamén pode inspirarse e escribir.
Esta dedicatoria deixa moitas dúbidas e preguntas respecto ao autor, Lois Pereiro: Sería un mullereiro? Non existirían en realidade esas "elas"? ¿Habería (como explico na miña interpretación) ese tempo no que o autor non podía escribir? ¿Serán "elas" certamente a súa inspiración? Non o sabemos. Pero o que si sabemos é que Lois Pereiro pode sorprendernos sempre un pouco máis.
Vós, que entendedes??????????????
Patricia Freire

Agora comenta Patri 1

"Ós meus, as miñas , ós do meu sangue
herdado ou compartido en vidas paralelas.
A eles, e sobre todo a elas, todas elas, que
me reafirman na vida e nas palabras que seguen".

Esta é a dedicatoria que fai Lois Pereiro no inicio do seu libro Poesía última de amor e enfermidade, para as persoas que el amou e as que o amaron a el. Dános e transmítenos un sentimento de felicidade porque conseguiu o que andaba buscando: sentirse amado. Ese sentimento retransmítenllo os seus amigos, as súas amigas, os seus familiares, e elas, as que foron as súas amadas-amantes...
Grazas a todos séntese completo e amósao en todas as palabras que escribe.

Filosofando un pouco poderiamos dicir que Lois Pereiro se sentiu cheo, vivo, alegre, compracido e feliz de que se cumprira o que el quería na vida : sentirse amado. QUE BEN SENTIRSE ASÍ!

A miña opinión respecto a este poema é que está cheo de agradecementos ás persoas que o quixeron por axudarlle a cumprir o seu máximo obxectivo na vida: a felicidade.

Patricia Freire

8 feb 2011

Unha carta de amor


Conversas ultramarinas é un dos diarios inéditos ata o de agora (aínda que está a piques de ser publicado por E.Positivas) do poeta Lois Pereiro.

Os textos que aparecen son cartas escritas en 1995, pouco antes de que Lois P. morrera, e a súa destinataria era a muller á que sempre amou: PIEDAD R. CABO, que se atopaba por aquel entón en Norteamérica.

Conversas ultramarinas mistura o galego co castelán e con fragmentos en francés, inglés e alemán.


AQUÍ TEDES UNHA DAS CARTAS:

6-4-95 (02.30 AM)

My Dear P.:

This is not a new and simple declaración of my love. Sería absurdo, aburriría a Cristo, después de tantas otras en todos los idiomas, de otros y otras en todos los lugares del mundo, pronunciadas por muertos y por vivos.

Esto es muy diferente.

No puede ser ya una declaración marcada por el tiempo o el espacio. Hemos sobrepasado la barrera de esa "duración" de que habla Handke, porque en el fango de todas las nostalgias, visiones, contaminación mutua, imágenes creadas y compartidas, sin ruido y sin furia en que estamos metidos hasta el cuello, eso que otros llaman amor no es suficiente: como una sentencia cumplida hace ya tiempo. Todo lo que alguna vez fue nuestro no puede existir más que en nuestra sangre que sigue su camino guiada por las venas de cada uno entremezcladas sólo en el cerebro. No somos siameses, pero tú tienes mi alma y yo la tuya, sin que sepamos nosotros cómo y cuándo. Y el mundo vive ahí fuera con sus turbulencias sin afectar seriamente a las nuestras. Cruzadas las barreras, superados los límites, olvidados los años, desde playas desiertas en Bretaña, desde hoteles ambiguos, desde el silencio que no necesita de más palabras que las que casi nunca se pronuncian, de miradas que nunca significan algo distinto a la luz que las baña, en innumerables sueños cruzados, en el contacto leve que a veces queremos permitirnos, el mundo sigue girando indignado con nuestra indiferencia.

Tu ausencia o tu presencia sólo altera mi vida o mis deseos pero no podría interrumpir ni un solo instante una conversación continua que invade mi cerebro y forma mi memoria, aunque esa ausencia llegase a ser eterna.

Lo que fuimos o lo que somos va camino de ser intenso y duro, indefinible pero sin duda eterno, que es lo que dura la vida de un hombre que no se resigna aunque la muerte lo espere.

La verdadera duración del Tiempo es algo que un simple amor no puede concebir entre sus márgenes, no es capaz de acoger en sus entrañas tanta imagen vivida, tan pocas palabras para decir tanto, ritos y gritos sin alzar la voz como los que tú y yo llegamos a crear, juntos o separados, da lo mismo.

Este será el poema prometido en el lecho de mi resurrección o pacto con el diablo, ¿quién lo sabe? Pero no sería el último aunque las manos se me volviesen en ramas secas o el cerebro una ciénaga.


Comentario da carta:

Esta carta, dirixida a Piedad R. Cabo,a súa amada, está datada o día 8 de Marzo do ano 1995, escrita en castelán con fragmentos en distintos idiomas como Inglés, Francés, Alemán... Durante toda a carta, Lois Pereiro fala do tempo e de como transcorre cando un está namorado.

Nesta carta non fala simplemente de todo o que sente por Piedad, non é simplemente unha declaración de amor (“This is not a new and simple declaration of my love”), senón de todo o que comparte e compartiu con ella; as imaxes, os recordos, todos os obstáculos e barreiras que pasaron xuntos, de como -pase o que pase no exterior- mentres eles dous estean xuntos serán indiferentes e inconscientes do sucedido...
Volvendo a mencionar o tempo, ao final da carta, descríbeo coma algo que o amor non pode concebir, porque non pode condensar tantos recordos, imaxes e voces xuntas...

Patricia Freire e Alejandro Pérez

Un mal día na vida de Ramón



Bueno, isto é unha historia á que eu lle engadín unha introdución e un final. Animádevos a lelo e espero que vos guste.




Helena Fernández Vales.

5 feb 2011

Lois Pereiro en directo e MAIL ART para Lois


Aquí tedes un recital que Lois Pereiro deu nun pub da Coruña (O pub Moka) hai anos. En vivo e en directo!!!
Na imaxe tedes o selo de Correos que se pretendeu facer arredor da celebración deste autor pero... que finalmente se prohibiu!!! Que por que se prohibiu? Pois entrade neste enlace para saber a causa... e de paso PODEDES ENVIAR UN "MAIL ART", (xa tedes experiencia no tema) con poemas de Lois Pereiro e empregando o seu selo, a Isla Kokotero -León-.

4 feb 2011

Un poema de LOIS PEREIRO


Son Juan Picos (Rony) de 4ºA e estou aquí para facer un comentario dun poema de Lois Pereiro que me gustou moito.
Creo que é un poema moi bonito, que me fai lembrar a miña moza posto que fala dun amor que o fai sufrir e non parar de pensar nel, fala tamén de alguén a quen quere moito...
Afirma que o que lle ocorra á persoa amada tamén lle ocorre a el: sufrimento, gozo...
Penso que trata dunha persoa que deposita todo o seu tempo, amor, paixón... na persoa que ama e a quen nunca esquecerá.
Hai moitas palabras que resaltan o que sente o eu-poético que poderían ser ditas a unha persoa para conquistala. E agora, nen@s, dedícadelle este poema á persoa que queirades, así como eu llo dedico a Claudia. Un bico enorme.

"Explórote cos ollos"
Poesía última de amor e enfermidade
Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente

ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan

e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa morte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme

morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alento
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos

Lois Pereiro

2 feb 2011

Grafitti de Lois Pereiro: 2ª parte


Como isto de Manuel Grueiro vai por entregas, aquí tedes a 2ª parte do seu grafitti, que quedará gardado neste blog para a posteridade xa que no muro........ !!! En fin... el saberá...
Vai.
Gústavos?