30 nov. 2010

Morre Fenández del Riego

O último autor da Xeración Nós que aínda vivía, Francisco Fdez. del Riego, morreu aos 97 anos. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, moi importante nos anos 50 para a recuperación da nosa lingua e da nosa literatura. Ademais foi o creador do Día das Letras Galegas.

24 nov. 2010

Fomos á biblioteca da vila

Exposición de libros de X. Alcalá na biblio

E alí estaba Xavier Alcalá. Falounos de escribir, dos seus amigos que escriben, das historias que hai que contar e contalas ben... E citou libros e autores que el aconsella. Díxonos, por exemplo, que había que ler OBRIGATORIAMENTE: O paso do Noroeste, de X. Queipo, A esmorga de E. Blanco Amor, dentro da Literatura galega, e na literatura ibérica hai que ler a Eça de Queirós, a Torrente Ballester e por suposto a Julio Verne. Falounos de que García Márquez é un "pesado", igual que Pérez Reverte e que os libros "best sellers" como La catedral del mar ou Los pilares de la tierra. Sen embargo, díxonos que Cunqueiro é o CREADOR DO REALISMO MÁXICO.

Tamén nos falou dos gustos literarios da súa muller: os libros "interiores", de introspección e psicoloxía. A el -contounos- gústanlle máis os épicos, os de viaxes.
E, polo que puidemos darnos conta, non lle gusta o fútbol, polo menos non lle gusta que se perda tanto tempo con ese deporte.
Vive entre dous mundos: Bélxica e A Coruña e ás veces di que se esquece de onde está.
A moitos de nós gustounos, pasamos un bo rato escoitando a un gran conversador. Aínda que nos gustaría que nos tivese falado algo máis dun dos seus contos que acababamos de ler: "Paralelo 55". Outra vez será... Non si?

Patricia e Alex

15 nov. 2010

Cita na biblioteca da vila

O mércores 24, ás 13,10h., 4ºA e 4º B ESO iremos ata a biblioteca para ter un encontro con Xavier Alcalá. Se queredes saber algo sobre o autor, podedes entrar aquí: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XavAlcal