24 nov 2010

Fomos á biblioteca da vila

Exposición de libros de X. Alcalá na biblio

E alí estaba Xavier Alcalá. Falounos de escribir, dos seus amigos que escriben, das historias que hai que contar e contalas ben... E citou libros e autores que el aconsella. Díxonos, por exemplo, que había que ler OBRIGATORIAMENTE: O paso do Noroeste, de X. Queipo, A esmorga de E. Blanco Amor, dentro da Literatura galega, e na literatura ibérica hai que ler a Eça de Queirós, a Torrente Ballester e por suposto a Julio Verne. Falounos de que García Márquez é un "pesado", igual que Pérez Reverte e que os libros "best sellers" como La catedral del mar ou Los pilares de la tierra. Sen embargo, díxonos que Cunqueiro é o CREADOR DO REALISMO MÁXICO.

Tamén nos falou dos gustos literarios da súa muller: os libros "interiores", de introspección e psicoloxía. A el -contounos- gústanlle máis os épicos, os de viaxes.
E, polo que puidemos darnos conta, non lle gusta o fútbol, polo menos non lle gusta que se perda tanto tempo con ese deporte.
Vive entre dous mundos: Bélxica e A Coruña e ás veces di que se esquece de onde está.
A moitos de nós gustounos, pasamos un bo rato escoitando a un gran conversador. Aínda que nos gustaría que nos tivese falado algo máis dun dos seus contos que acababamos de ler: "Paralelo 55". Outra vez será... Non si?

Patricia e Alex

6 comentarios:

Juan Picos dijo...

Creo que foi un gran rato xunto a un escritor (ou máis ben humorista, posto que non paraba de contar chistes) que nos ensinou a verdadeira literatura, fuxindo dos negocios e intereses.

Unknown dijo...

A min gustoume e quero repetilo este ano¡¡¡ era un home que falaba con moita riqueza de vocabulario e falabanos do que é a literatura e a sus importancia.!É un bo escritor¡

Patri dijo...

Estivo moi ben, a verdade! Debería durar mais aínda, pero a verdade é un home que ten temas de conversación para rato ! Ensinounos moitas cousas a verdade... Poderiase repetir !

Unknown dijo...

Dende o meu punto de vista este é un escritor que ten moitos cousas que ensinar a xente nova coma nos, porque fala da literatura coma un pasatempos, unha afición non un traballo, isto demostra que é un bo home dado que non nos quere mentir. O que eu creo que pasa é que coma é un escritor local non se lle da a importancia que debería ter, por méritos propios. Gustariame finalizar este comentario dicindo que foi moi entretido e divertido pasar un bo rato ao lado deste escritor, non falou das típicas cousas que todos os escritores aburridos fan, por iso gustariame repetir experiencia, sempre e cando sexa posible.

Alex dijo...

Estivo bastante ben a visita, é un home que fala con moita propiedade e seguridade. Oseu conto que limos estibo moi ben, e os nomes moito mellor, jaja.

Manuel Grueiro dijo...

Pareceume que o autor é un envidioso que hablaba mal dos autores extranxeiros porque teñene exito e os galegos non...