1 may 2011

O MADRIDISMO RESPIRA DE NOVO

¡¡O Real Madrid nas semifinais da Liga de Campións!!

NEREA RAMALLO. O pasado 5 de abril, o Madrid conseguiu unha gran vitoria fronte ó Tottenham na Liga de Campións. O primeiro gol chegou das botas de Emmanuel Adebayor, que conseguiu que o balón tocase a rede da porta de Tottenham nos cinco primeiros minutos do encontro.
Aos quince minutos do partido, un xogador do Tottenham foi expulsado do terreo do xogo, pero o Madrid, malia ir gañando e xogando cun home máis, non se conformou e seguiu loitando para marcar máis goles; así chegou outro gol de Adebayor.
O Madrid seguiu atacando moi ben e defendendo magnificamente, polo que Casillas case non tivo traballo en toda a noite. O equipo español seguía creando ocasións e dominaba o partido completamente, por iso chegou o gol de Di María, quen xa levaba uns partidos sen marcar.
Mourinho, contento do resultado que se estaba conseguindo, sacou a Kaká, que ía ser o que lle dera a Cristiano Ronaldo a asistencia de gol no minuto 87 de partido.
Ao remate, o Madrid conseguiu un 4-0 ben merecido e loitado, e agora terá que enfrontarse ao Barcelona, que vén de gañarlle 5-1 ao Shaktar, en semifinais, o que supón que teremos catro clásicos en dezaoito días: semifinais europeas, liga española e final da Copa do Rei.

7 comentarios:

Juan Picos dijo...

Foi unha pena a do Madrid, só foi capaz de conseguir a Copa.. :(

Begoña dijo...

Pois... a min... non che me deu ningunha pena...

Juan Picos dijo...

Xa verás a decoración da clase mañá...
HALA MADRID!!

jlg dijo...

Independentemente do protagonista da crónica, bo traballo, Nerea.

Irene T. dijo...

Pois si que foi unha pena:( Pero para o ano, imos gañar a Ligaa tamén!:)

nerea dijo...

Pois para o ano gañamos a liga a copa e a champions

Alba dijo...

Bueno, bueno, Nerea frea un pouco non digas cousas que logo igual (con sorte para os culés) non cumprirdes. Pero boa sorte que de momento...soñar é gratis jaja xD

Un bico dunha culé :D