15 feb 2011

Juan e Xandre comentan agora














Narcisismo
Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul.

O poema “Narcisismo” leva ese título porque fai referencia a Narciso, un home que se miraba no río porque estaba namorado de si mesmo e que acaba caendo nas augas nacendo alí a flor que leva o seu nome.

Representa o suicidio dunha persoa cortándose as veas a causa do sufrimento da vida. É un poema triste xa que non é normal que unha persoa chegue a eses extremos.
E tamén representa o narcisimo do poeta porque el se mira a si mesmo, en concreto mira o seu sangue, as súas veas, para morrer como Narciso.

Xandre e Juan Picos

1 comentario:

Begoña dijo...

É unha forma de entendelo, si... Os próximos a Lois explican o poema como exemplo da súa relación coas drogas e a morte que trae consigo ese achegamento suicida.