O AMOR:
Bisbiséame un bico, un bico de pracer,
un pracer con sabor, sabor aos teus beizos,
beizos de lume, lume nos teus aloumiños,
aloumiños que aman...
ÁMAME!
A ENFERMIDADE:
O virus toma as rendas da miña makinaria.
Vivindo entre outras vidas, esquezo a miña propia vida;
destruíndo as tebras da ignorancia, gaño a miña guerra.
A MORTE:
Peor cá morte, o medo a morrer.
Peor có medo a morrer, o medo a vivir.
LOIS!!!
Escribimos este poema para Lois porque é un referente na cultura galega e eliximos eses temas porque nel se repiten constantemente. Tamén o fixemos porque Begoña non parou de insistir en que lle dedicasemos un poema despois de ter traballado tanto coa súa poesía...
GUSTOUVOS?
Juan Picos, Nerea López e Patricia Freire.
2 comentarios:
Quedou chulo!!
Bo traballo, rapaces. Intentádeo máis veces. Seguiredes sorprendéndovos das vosas capacidades.
Publicar un comentario