Neste ano, alguén dunha rede social tivo a idea de enviar aos seus amigos, co motivo de ser Lois Pereiro o protagonista das Letras Galegas do ano 2011, cartas cun selo personalizado del.
Esta persoa levou a sorpresa de que Correos non o aceptou: "El pedido no cumple las condiciones de validación", dixéronlle.
As condicións que Correos impón para validar un selo de correos son as seguintes:
Non se admiten imaxes de persoas vivas, agás a do xefe do estado e a da familia real.
Os contidos das imaxes deben ter un sentido positivo, exceptuando os que van en contra do cancro, sida...
Dado que os selos son elementos de comunicación, o seu contido non debe ferir susceptibilidades nin debe ser causa de polémica.
Nas imaxes protexeranse os dereitos dos menores e o honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe.
Correos resérvase o dereito de rexeitar calquera imaxe por calquera motivo diferente dos aquí mencionados.
Non se sabe por que rexeitaron o selo de Lois, xa que cumpre todos os requisitos; Lois Pereiro está morto, a imaxe non é contraria á lei, nin fere sensibilidades, nin ten un sentido negativo... En fin... suponse que foi rexeitada polo de "Correos resérvase o dereito a rexeitar imaxes por calquera motivo diferente dos aquí mencionados". Iso será...
Asdo.: Alejandro Pérez López (se queredes usar o selo, nunha entrada deste blog indícasevos a onde podedes dirixir a vosa carta con poemas de Lois e co SEU SELO!!! Remexede polo blog adiante e animádevos a enviar o voso MAIL ART!!!).

2 comentarios:
Os de correos estanse a contradicir un pouco rexeitando o selo non? En fin...
Pareceme que Correos non tiña motivos para rexeitalo selo, houbera sido unha boa idea...Pero bueno non hai nada que facer.
Publicar un comentario