
19 nov 2011
A nosa mitoloxía

6 nov 2011
10 ago 2011
Perigos de cortar-pegar
Traduzo un fragmento dunha noticia da sección de CULTURA de La Voz de Galicia, do pasado 22 de xullo.
15 jun 2011
LETRAS GALEGAS 2012
6 jun 2011
Camiño da felicidade

Onte pola noite, tumbeime na miña cama e púxenme a pensar nunha cousa: os ricos, os que gozan de máis privilexios e cartos... Son máis felices? Pois para sabelo e sacarme de dúbidas, inventei este relato breve, no cal explica moi ben que non é máis feliz quen ten máis, senón quen fai o que quere e goza facéndoo.
2 jun 2011
Estes versos son especiais,
porque na clase fíxenos sen máis.
POMBAS
Teño cinco pombiñas brancas,
cinco alegrías na casa.
Elas son o meu tesouro.
Se ti viñeses á casa,
sentirías moito asombro.
Na miña casa as pombiñas
teñen moito que facer:
darlle alegría ao meu cuarto
e axudarme a durmir ben.
Mª Fernanda Morales Lopera
29 may 2011
Historia dun can desafortunado

24 may 2011
Camiñando pola vida
Camiñando pola vida
Ás veces vou dar unha volta pola vida,
apetéceme.
A vida non é só ir dando alancadas,
hai que vivir cada minuto,
eu sinto cada minuto que vivo.
Vou percorrer un dos seus longos camiños.
Teño que poñer
os zapatos da liberdade,
a miña chaqueta da esperanza,
as miñas gafas de sol,
para ver todo con máis alegría.
E collo a miña búsola,
que marca os lugares onde todo é fermoso.
Malia que a situación sexa mala,
eu nunca me rindo,
afronto todos os perigos sen medo.
Porque sei que aínda que me pase algo,
vivín a vida ata o último minuto,
e non me arrepinto de nada do feito.
Son unha persoa altruísta
e teño a conciencia tranquila.
Xa estou canso de andar,
o meu camiño remata aquí,
así que, amigos,
este é o meu fin.
Tamara Allegue López
1 may 2011
O MADRIDISMO RESPIRA DE NOVO

NEREA RAMALLO. O pasado 5 de abril, o Madrid conseguiu unha gran vitoria fronte ó Tottenham na Liga de Campións. O primeiro gol chegou das botas de Emmanuel Adebayor, que conseguiu que o balón tocase a rede da porta de Tottenham nos cinco primeiros minutos do encontro.
Aos quince minutos do partido, un xogador do Tottenham foi expulsado do terreo do xogo, pero o Madrid, malia ir gañando e xogando cun home máis, non se conformou e seguiu loitando para marcar máis goles; así chegou outro gol de Adebayor.
O Madrid seguiu atacando moi ben e defendendo magnificamente, polo que Casillas case non tivo traballo en toda a noite. O equipo español seguía creando ocasións e dominaba o partido completamente, por iso chegou o gol de Di María, quen xa levaba uns partidos sen marcar.
Mourinho, contento do resultado que se estaba conseguindo, sacou a Kaká, que ía ser o que lle dera a Cristiano Ronaldo a asistencia de gol no minuto 87 de partido.
Ao remate, o Madrid conseguiu un 4-0 ben merecido e loitado, e agora terá que enfrontarse ao Barcelona, que vén de gañarlle 5-1 ao Shaktar, en semifinais, o que supón que teremos catro clásicos en dezaoito días: semifinais europeas, liga española e final da Copa do Rei.
26 mar 2011
Aquí tedes uns vídeos sobre Lois Pereiro
14 mar 2011
Unha entrevista na que nos falan de Lois
Entrevista a Santiago Romero (Rossmero) de "Radio Océano"
1- Como xurdiu Radio Océano?
Xosé Manuel Pereiro ( o irmán de Lois Pereiro) e eu , ambos os dous xornalistas estabamos moi interesados por todo o que xurdía en aqueles anos no panorama musical, que supoñía entón a vangarda dos grandes cambios sociais que estábanse a producir en España. Falamos de principios dos anos 80, cando a sociedade española vivía un verdadeiro Big Bang de liberdade tras décadas de ditadura e todo o que rodeaba á musica era o escaparate de aquela efervescencia. Entón, ao contrario do que sucede hoxe en día, que podes ter acceso inmediato a canto se fai no planeta a través de internet e das redes sociais, a información era clave. Nós viaxabamos frecuentemente a Londres, Amsterdam ou Berlín e iso nos daba unha gran vantaxe para descubrir con anticipación as tendencias que irrompían en Europa. Ese “Know how” se fusiono perfectamente ao cruzarnos con músicos brillantes como o guitarrista Pablo Iglesias. Radio Océano debuto case como unha broma no primeiro festival de rock coruñés, un dos pioneiros en España, en 1982. La recente aceptación do mensaxe do grupo obrigounos a tomarnos o grupo un pouco mais en serio, aínda que sempre tivemos o hándicap de non poder dedicarnos plenamente ao grupo por nosos compromisos profesionais como xornalistas.
2- Que os motivou para facer o tema de “Narcisismo”
Lois Pereiro era practicamente un membro máis de Radio Océano. Estivo sempre presente no proceso anímico e creativo do grupo e formaba parte do noso entorno persoal. Tiñamos unha gran admiración pola súa obra e pola súa visionaria actitude ante a poesía. O poema de “Narcisismo” é unha fermosa e durísima metáfora da adicción á heroína como un naufraxio persoal ante unha vida sen esperanzas. A unha distancia que ninguén de Radio Océano viviu coa mesma crueza que Lois, pero sen embargo era unha sensación coa que convivimos a noso arredor en aquela época. Pero máis ala de iso, era sobre todo un poema magnifico e supuxo o noso recoñecemento ao seu talento e á súa amistade. O tema foi gravado en Lisboa en 1984 e aínda que non figurou no LP editado por Radio 3 en 1986, foi incluído nunha selección dos mellores temas de rock galego publicado polo serllo DRO en 1997.
3- Como era a personalidade de Lois Pereiro? Que tipo de persoa era?
Sempre que escoito a canción “Perfect Day” de Lou Reed, acórdome de Lois. En aqueles anos tolos profesabamos a relixión do excesivo e a divida era máis vale queimarse que oxidarse. Lois, que sempre descubría unha fronteira antes que nos e era o aventureiro do coñecemento que sempre chegaba antes, nos mostrou á vez que o secreto non estaba no lume impulsivo que abrasa se non no xélido e fino bisturí que disecciona o alma. Lois era a furia conxelada. O seu pensamento era extremo, pero el era a elegancia en persoa.
4- Como ves o panorama musical e poético hoxe en día en Galicia?
O panorama musical, grazas ás novas tecnoloxías, é moito máis accesible para crear e gravar, aínda que resulta moito máis complicado que nos anos 80 poder vivir como músico. Creo que debido a internet é un mundo en transición no que apareceran novas vías. En canto ao poético, creo que segue predominando como entón a figura de poeta moi académico e vinculado xeralmente ao profesorado. A miña maneira de ver, non hai poesía sen una marcada Huesca da experiencia da vida e iso sempre escasea.
5- Como crees que influxo a persoa de Lois Pereiro e a súa poesía no panorama galego?
Hai unha verdade conmovedora na súa obra moi difícil de encontrar no panorama galego ou en calquera outro. Sen animo de ofender a nadie, recordo unha frase de Uxío Novoneyra: “Da gusto atopar a un poeta que non é profesor”
6- Sabemos que Lois era unha persoa un tanto escura en canto a súa poesía e que era consumidor de Heroína, unha droga se sabia moi pouco en canto ao seus efectos. ¿Como cres que influíu na súa obra?
Nos anos 80, tras a ditadura, vivimos unha desbordante explosión de liberdade. Para facer unha idea dos tempos que corría basta dicir que Radio Océano debuto tan só un ano despois do golpe de estado do 23F. As drogas se veian entón como unha parte inseparable de esa liberdade que non sempre supimos dosificar. Entón non sabiamos nada do Sida, nin da Hepatites C nin de tantas outras pragas que acabarían diezmando esa xeración de forma implacable. No caso de Lois, ademais de compartir con nos os mesmos signos dos nosos tempos, hai que contar que tivo a mala sorte de der una das vítimas da intoxicación por aceite de colza que arruíno a usa vida moi Xove, cando mais esperanzas abrigaba, a heroína foi no seu caso tamén un tratamento paliativo. En calquera caso, a súa experiencia coas drogas foi sempre íntima, discreta, espiritual e atormentada.
7- Para rematar, en que ambientes movíase o poeta? Con que tipo de persoas relacionábase no seu dia a dia?
Cando lle coñecín en Madrid, a finais dos 70, era moi cosmopolita, aínda que á vez foi sempre unha persoa solitaria e ensimesmada nas súas lecturas. Ao seu arredor podían encontrarse sempre á xente máis en vangarda. Recordo unha anécdota na súa casa, co seu amigo Antón Patiño, hoxe un gran artista, entón empezando a interesarse pola pintura, que contaba a súa primeira experiencia en Nova York, se había quedado en uno de aqueles míticos albergues YMCA, que nos só coñeciamos polas letras das cancións, e o primeiro que había encontrado ao entrar era un ex veterano de Vietnam xogando nun corredor co seu ollo de cristal. Lois era unha persoa con unha gran erudición, pero non era un excéntrico nin tampouco alguén a quen gustase ser o centro de atención. Era unha persoa reservada có que un podía pasarse unha noite enteira conversando na tranquilidade da súa casa, sentíndose á vez en calquera rincon de Nova York, Marrakech ou Berlín.
JUAN ANDRÉS CAMPOS ESTÉVEZ, 4º A ESO
28 feb 2011
Dedicámoslle un poema a LOIS PEREIRO
26 feb 2011
ÉTER

mentres pinga con ritmo salvaxe a cortina xeada do teu odio.
21 feb 2011
Silvia explica un poema de Lois Pereiro

cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da mortcoa súa vida
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as veértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura".
Amor agonizante, rocordos doces, impaciencia desbordante, amor, máis
amor acumulado. Refuxio, agarimo, confidencia, seguridade... todo iso é o que este
amor lle permitía sentir, sendo agora un recordo latexante e
omnipresente que lle causa dano.
17 feb 2011
Comenta Juan Picos
Dos días que reserva para min o destino
cada una das súas noites por vivir

sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñando nas túas noites
ou prorrogado en ti.
Gústame este poema porque trata da loita incesante de alguén por pasar o resto de tempo de vida que lle queda xunto á persoa que ama. Escollín este poema porque me impactou moito todo o amor dunha persoa cara a outra, xa que penso que eu estou vivindo algo similar.
16 feb 2011
Lois e o selo!!!

Esta persoa levou a sorpresa de que Correos non o aceptou: "El pedido no cumple las condiciones de validación", dixéronlle.
As condicións que Correos impón para validar un selo de correos son as seguintes:
Non se admiten imaxes de persoas vivas, agás a do xefe do estado e a da familia real.
Os contidos das imaxes deben ter un sentido positivo, exceptuando os que van en contra do cancro, sida...
Dado que os selos son elementos de comunicación, o seu contido non debe ferir susceptibilidades nin debe ser causa de polémica.
Nas imaxes protexeranse os dereitos dos menores e o honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe.
Correos resérvase o dereito de rexeitar calquera imaxe por calquera motivo diferente dos aquí mencionados.
Non se sabe por que rexeitaron o selo de Lois, xa que cumpre todos os requisitos; Lois Pereiro está morto, a imaxe non é contraria á lei, nin fere sensibilidades, nin ten un sentido negativo... En fin... suponse que foi rexeitada polo de "Correos resérvase o dereito a rexeitar imaxes por calquera motivo diferente dos aquí mencionados". Iso será...
Asdo.: Alejandro Pérez López (se queredes usar o selo, nunha entrada deste blog indícasevos a onde podedes dirixir a vosa carta con poemas de Lois e co SEU SELO!!! Remexede polo blog adiante e animádevos a enviar o voso MAIL ART!!!).
15 feb 2011
Juan e Xandre comentan agora


Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul.
O poema “Narcisismo” leva ese título porque fai referencia a Narciso, un home que se miraba no río porque estaba namorado de si mesmo e que acaba caendo nas augas nacendo alí a flor que leva o seu nome.
E tamén representa o narcisimo do poeta porque el se mira a si mesmo, en concreto mira o seu sangue, as súas veas, para morrer como Narciso.
Xandre e Juan Picos
Outro poema máis

Virá calada, oculta e con nocturnidade,
chegando desde abaixo a través do colchón,
entre as derivacións intuídas e temidas
dunha vírica rebelión interna:
a herdanza que conservo e atesouro
como se fose a miña propia sombra.
Conclusión que saco despois da lectura do poema:
O poeta atópase enfermo na cama e sabe que a Morte se achega a el.
Penso que este poema foi escrito despois de que se lle detectara o VIH, polo que cando di “rebelión vírica interna” pode referirse á Sida que vén coa Morte para levalo... e el, tristemente, sábeo ou intúeo.
"O MUNDO LOIS"

Lois Pereiro foi un autor moi peculiar caracterizado pola súa linguaxe e por unha estética especial. A linguaxe utilizada no espectáculo “O mundo Lois” pretende achegarse aos mozos e mozas co uso de palabras usadas na actualidade e tamén polo propio autor.
David cóntanos a vida e a obra de Lois Pereiro
BIOGRAFÍA
Lois Sánchez Pereiro foi un famoso poeta e escritor galego, a quen este ano se dedica o día das Nosas Letras, contra todo prognóstico xa que é un autor a quen moitos consideraron “maldito”, “transgresor”, “underground”, “punk”... Pero a Academia, presidida por Méndez Ferrín, “tirouse á piscina” e aquí temos a Lois entre nós para festexar o 17 de maio de 2011.
Lois Pereiro naceu no ano 1958, en Monforte de Lemos e morreu na Coruña no ano 1996. Como vedes, morreu sendo aínda moi novo, xa que contaba con 38 anos só.
Cando tiña 17 anos viaxou a Madrid, para cursar Ciencias Políticas, que máis tarde deixaría polos idiomas, a literatura e a informática. Lois Pereiro sempre sentiu un gusto especial pola literatura, gusto que foi en aumento cando colaborou na revista “Loia”. Esta revista fundouna xunto a Manuel Rivas e Antón Patiño e só se publicaron catro números.
Cando voltou a Galicia, con 23 anos, tivo que compaxinar profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético e contribuíu coas súas aportacións a publicar obras de poesía de autores diversos. Este esforzo non pasou desapercibido para a RAG que destacou a importacia do seu traballo. Na Coruña, entrou a formar parte do “Grupo de Amor e Desamor”. Este grupo escribiría dous libros con ese mesmo título.
En marzo do ano 1995 Lois tiña 37 anos e quedábanlle trece meses de vida. O tempo nunca conseguira borrar as marcas que a colza (o famoso aceite desnaturalizado que matou un gran número de persoas por esas datas en España) deixara no seu corpo, cando se envelenou con el en Madrid con apenas 23 anos. Xa abandoara por estas datas a heroína, pero xa era tarde e había un ano que lle diagnosticaran a SIDA e fora hospitalizado varias veces. O poeta ventáralle o alento á morte varias veces xa. Morre o 24 de Maio de 1996.
BIBLIOGRAFÍA:
Aínda que escribiu moitos poemas e artigos interesantes e importantes, non foi ata 1991 cando se publicou o seu primeiro libro: Poemas 1981/1991.
Tres anos despois publicou Poesía última de amor e enfermidade.
Outro libro seu é Poemas para unha Loia, publicado despois da súa morte.
Tamén se publicaron postumamente o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia e a novela, inconclusa, Náufragos do paradiso.
David Vidal
13 feb 2011
Outro poema
Tristemente convivo coa túa presencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña reitarada prevenytiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
Este poema de Lois Pereiro trata sobre algo que perdeu ou que xa non pode ter. Di que non pode vivir sen ter ese amor, e que non se vai dar por vencido senón que vai seguir loitando, aínda que estea entre a vida e a morte.
Cando lin este poema encantoume a sinceridade do autor, a valentía, a coraxe, a paixón... Creo que é un dos mellores del, o que mellor representa os seus sentimentos máis íntimos. Sentinme marabillada. Con este poema o autor conseguiu que me lembrara duns recordos moi bonitos pero tristes. IRENE VALIÑO
Carla e Irene comentan o "testamento" de Lois P.

Conversa ultramarina, que así é como se titula o diario que Lois P. escribiu entre os meses de marzo a xuño de 1995, é como unha longa carta que está dirixida á xornalista Piedad R. Cabo, a súa parella durante moitos anos. El chamouno o seu TESTAMENTO LITERARIO e, como vedes, escribiuno un ano antes de morrer.
Piedad R. Cabo recibiu a primeira entrega en San Francisco e a segunda en Santiago.
Nas cartas alenta un retrato íntimo, complexo, ás veces lúcido e ás veces estarrecedor, dun poeta brillante que quixo chegar ao fondo escuro dos seus propios erros para ser dono de si mesmo.
11 feb 2011
Música para Lois

Prayer (Pregaria)
Así é o título deste poema que agora nos comenta Nerea:
Prayer
Agora pecha os ollos
e imaxina
que o que escoitas
é unha pregaria atea
dirixida a ti na escuridade
por unha voz invisible e perdida
nos tempos dun amor
ritualizado
Escoita como atravesa o silencio
ese rumor carnal desesperado
que se achega nocturno á túa existencia
contaxiado cos seus os teus desexos
e penetrando en ti vaise asentando
inaudible e fatal
nas túas entranas
xullo, 95
Trátase dun poema escrito por Lois Pereiro no que se narra unha relación na que el se está a dirixir á persoa coa que mantén esa relación.
Para “camuflar” esa relación utiliza como recurso a relixiosidade, que se pode apreciar xa no título “PRAYER”, que significa pregaria. Tamén fai referencia ao prohibido desa relación, ao relacionar a pregaria coa palabra “atea”, que ten un significado totalmente oposto.
Eu interpreto así este poema de Lois Pereiro. E vós? Nerea López
Seguimos con Lois Pereiro

Outro poema de amor
El xa non sentía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen.
A interpretación que eu lle dou a este poema é:
Os personaxes son unha parella, que pode ser que convivan xuntos. Ela é a encargada das tarefas da casa... Pero a súa relación, non sabemos por que motivo, foise desgastando, e el farto da súa vida, suicidouse. Ela, cando o ve alí tirado, enriba da alfombra, xa non sabe se o quixo algunha vez, nin tan sequera se o botaba de menos; simplemente pensa que terá que limpar a alfombra, facer ese traballo cotián... e iso é o único que ocupa o seu pensamento. Polo que máis parece que o poema debería titularse: OUTRO POEMA DE DESAMOR.
Non credes? Que opinades? Patricia Freire
10 feb 2011
EPITAFIO

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
Que pensades que queren dicir? Atrevédevos a opinar!
9 feb 2011
É o turno de Alex

me regarde á travers du miroir que j'aie
dévant ma face. Soir. Et le soleil brule nos ames.
Le désir chante. Et moi, maintenant, tout hereux d'être vivant.
Quérote. Soir. Serán. A muller que teño detrás obsérvame
polo espello que hai xusto diante miña. Serán.
O sol está a arder nas nosas almas. Canta
o desexo. E eu, agora, feliz de seguir
vivo. Je t'aime. Serán. Escribo
isto con calma e sigo
sendo o mesmo, ou
iso penso.
Creo".
Este poema, escrito por Lois Pereiro no seu libro Poesía última de amor e enfermidade, é unha especie de caligrama con forma uterina. Lois P. construíuno así porque: "Debo soñar desperto en todo o que hai de erótico na terra. Ser amable, levemente perverso; e aproveitar a gratuidade da beleza."
O poema contén, na súa primeira parte, os versos en francés e despois tradúceos a galego. A lingua francesa ten os esteriotipos de amor e paixón, por iso creo que é utilizada neste poema, para expresar eses sentimentos e reforzalos.
O poema describe unha escena na que un home se está a observar a si mesmo nun espello e unha muller, xusto detrás del, estao a mirar a través dese espello. Describe como as súas almas arden polo sol e que o desexo canta, expresando claramente a paixón que hai entre os dous.
Ao longo do poema, describe un momento do día: "le soir", o serán, o atardecer, co obxectivo de incrementar o significado deses sentimentos, xa que ese momento do solpor tamén está relacionado co amor, co instante no que os namorados se atopan, coa paixón en fin.
Alejandro Pérez
E segue comentando Patri 2
"A Ti, única desde por e para sempre,
fagas o que fagas, ou esteas onde esteas
para Ela, que me reanudou sen dor entre
poemas; todo o que podo e que aínda teño
por Ela, Ela e Ela,
á miña beira sempre, e eu nelas
e a todas Elas, as que foron ,son e serán
obxecto e causa
deste amor que resucita ilimitado".
Intentarei explicarvos que sinto eu con esta dedicatoria que aparece nunha das partes do libro Poesía última de amor e enfermidade.
Esta é a dedicatoria que Lois Pereiro lle fixo ás súas amadas, pero en especial a unha. A Ela (con maiúsculas... por ser MOI IMPORTANTE) van dedicadas todos os poemas de amor porque di que con Ela o tempo se para e el é feliz. Fainos ver que esa muller lle dá cariño e forzas estea onde estea. Tamén nos di que Ela é polo que escribe este poema: Ela é obxecto e causa.
Outra interpretación que se lle pode atribuír é que él viviu unha etapa na que non podía escribir porque non tiña imaxinación... pero apareceu na súa vida unha muller, única para el, coa que a inspiración volveu á súa vida.
Pero na última parte esa muller que el dicía que era única, parece que en certa maneira deixa de selo. Nese último fragmento aparecen outras mulleres, das que non coñecemos nada, pero di e fainos ver que con elas tamén pode inspirarse e escribir.
Esta dedicatoria deixa moitas dúbidas e preguntas respecto ao autor, Lois Pereiro: Sería un mullereiro? Non existirían en realidade esas "elas"? ¿Habería (como explico na miña interpretación) ese tempo no que o autor non podía escribir? ¿Serán "elas" certamente a súa inspiración? Non o sabemos. Pero o que si sabemos é que Lois Pereiro pode sorprendernos sempre un pouco máis.
Vós, que entendedes??????????????
Patricia Freire
Agora comenta Patri 1

herdado ou compartido en vidas paralelas.
A eles, e sobre todo a elas, todas elas, que
me reafirman na vida e nas palabras que seguen".
Esta é a dedicatoria que fai Lois Pereiro no inicio do seu libro Poesía última de amor e enfermidade, para as persoas que el amou e as que o amaron a el. Dános e transmítenos un sentimento de felicidade porque conseguiu o que andaba buscando: sentirse amado. Ese sentimento retransmítenllo os seus amigos, as súas amigas, os seus familiares, e elas, as que foron as súas amadas-amantes...
Grazas a todos séntese completo e amósao en todas as palabras que escribe.
Filosofando un pouco poderiamos dicir que Lois Pereiro se sentiu cheo, vivo, alegre, compracido e feliz de que se cumprira o que el quería na vida : sentirse amado. QUE BEN SENTIRSE ASÍ!
A miña opinión respecto a este poema é que está cheo de agradecementos ás persoas que o quixeron por axudarlle a cumprir o seu máximo obxectivo na vida: a felicidade.
Patricia Freire
8 feb 2011
Unha carta de amor

Conversas ultramarinas é un dos diarios inéditos ata o de agora (aínda que está a piques de ser publicado por E.Positivas) do poeta Lois Pereiro.
Os textos que aparecen son cartas escritas en 1995, pouco antes de que Lois P. morrera, e a súa destinataria era a muller á que sempre amou: PIEDAD R. CABO, que se atopaba por aquel entón en Norteamérica.
Conversas ultramarinas mistura o galego co castelán e con fragmentos en francés, inglés e alemán.
AQUÍ TEDES UNHA DAS CARTAS:
6-4-95 (02.30 AM)
My Dear P.:
This is not a new and simple declaración of my love. Sería absurdo, aburriría a Cristo, después de tantas otras en todos los idiomas, de otros y otras en todos los lugares del mundo, pronunciadas por muertos y por vivos.
Esto es muy diferente.
No puede ser ya una declaración marcada por el tiempo o el espacio. Hemos sobrepasado la barrera de esa "duración" de que habla Handke, porque en el fango de todas las nostalgias, visiones, contaminación mutua, imágenes creadas y compartidas, sin ruido y sin furia en que estamos metidos hasta el cuello, eso que otros llaman amor no es suficiente: como una sentencia cumplida hace ya tiempo. Todo lo que alguna vez fue nuestro no puede existir más que en nuestra sangre que sigue su camino guiada por las venas de cada uno entremezcladas sólo en el cerebro. No somos siameses, pero tú tienes mi alma y yo la tuya, sin que sepamos nosotros cómo y cuándo. Y el mundo vive ahí fuera con sus turbulencias sin afectar seriamente a las nuestras. Cruzadas las barreras, superados los límites, olvidados los años, desde playas desiertas en Bretaña, desde hoteles ambiguos, desde el silencio que no necesita de más palabras que las que casi nunca se pronuncian, de miradas que nunca significan algo distinto a la luz que las baña, en innumerables sueños cruzados, en el contacto leve que a veces queremos permitirnos, el mundo sigue girando indignado con nuestra indiferencia.
Tu ausencia o tu presencia sólo altera mi vida o mis deseos pero no podría interrumpir ni un solo instante una conversación continua que invade mi cerebro y forma mi memoria, aunque esa ausencia llegase a ser eterna.
Lo que fuimos o lo que somos va camino de ser intenso y duro, indefinible pero sin duda eterno, que es lo que dura la vida de un hombre que no se resigna aunque la muerte lo espere.
La verdadera duración del Tiempo es algo que un simple amor no puede concebir entre sus márgenes, no es capaz de acoger en sus entrañas tanta imagen vivida, tan pocas palabras para decir tanto, ritos y gritos sin alzar la voz como los que tú y yo llegamos a crear, juntos o separados, da lo mismo.
Este será el poema prometido en el lecho de mi resurrección o pacto con el diablo, ¿quién lo sabe? Pero no sería el último aunque las manos se me volviesen en ramas secas o el cerebro una ciénaga.
Comentario da carta:
Esta carta, dirixida a Piedad R. Cabo,a súa amada, está datada o día 8 de Marzo do ano 1995, escrita en castelán con fragmentos en distintos idiomas como Inglés, Francés, Alemán... Durante toda a carta, Lois Pereiro fala do tempo e de como transcorre cando un está namorado.
Nesta carta non fala simplemente de todo o que sente por Piedad, non é simplemente unha declaración de amor (“This is not a new and simple declaration of my love”), senón de todo o que comparte e compartiu con ella; as imaxes, os recordos, todos os obstáculos e barreiras que pasaron xuntos, de como -pase o que pase no exterior- mentres eles dous estean xuntos serán indiferentes e inconscientes do sucedido...
Volvendo a mencionar o tempo, ao final da carta, descríbeo coma algo que o amor non pode concebir, porque non pode condensar tantos recordos, imaxes e voces xuntas...
Patricia Freire e Alejandro Pérez
Un mal día na vida de Ramón

5 feb 2011
Lois Pereiro en directo e MAIL ART para Lois

4 feb 2011
Un poema de LOIS PEREIRO

Creo que é un poema moi bonito, que me fai lembrar a miña moza posto que fala dun amor que o fai sufrir e non parar de pensar nel, fala tamén de alguén a quen quere moito...
Afirma que o que lle ocorra á persoa amada tamén lle ocorre a el: sufrimento, gozo...
Penso que trata dunha persoa que deposita todo o seu tempo, amor, paixón... na persoa que ama e a quen nunca esquecerá.
Hai moitas palabras que resaltan o que sente o eu-poético que poderían ser ditas a unha persoa para conquistala. E agora, nen@s, dedícadelle este poema á persoa que queirades, así como eu llo dedico a Claudia. Un bico enorme.
"Explórote cos ollos"
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente
ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan
e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa morte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme
morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alento
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos
Lois Pereiro
2 feb 2011
Grafitti de Lois Pereiro: 2ª parte
27 ene 2011
Giniel De Villiers, ¡¡Ese gran piloto!!
25 ene 2011
Comezamos a traballar
21 ene 2011
Algo sobre Cunqueiro
Como este ano é o centenario do seu nacemento, contámosvos algo sobre el e DESPOIS TRABALLAREDES VÓS.
Cunqueiro foi un xenio da fabulación, precursor do realismo máxico, defensor da nosa lingua, retratista xenial de moitos personaxes tradicionais e unha dos voces poéticas e narrativas máis destacadas da nosa literatura.
Cunqueiro é coñecido por unha filosofía vital de home conversador, de verba e risa fácil, contador de historias e de fantasía desbordante.
Naceu en Mondoñedo, no ano 1911 e alí está a súa estatua hoxe en día, sentado na praza da Catedral.
Os seus inicios na literatura viñeron dados pola poesía. Antes da Guerra Civil, o creador de Mondoñedo xa tiña publicados tres libros de poemas en galego, obras intensas como Mar ao Norde (Santiago, 1932), Poemas do si e do non (Lugo, 1933) e Cantiga nova que se chama ribeira (Santiago, 1933), inspirado este último no estilo, nas formas e nos temas dos trobadores da Galicia medieval, dentro dunha vangarda que os de 4º ESO estades estudando nestes momentos... (Vai un positivo para quen nos comentarios desta entrada acerte co nome dese "ismo poético").
Despois da Guerra Civil, coma sempre, a vida dos autores galegos vai dar un cambio fundamental. Cunqueiro comeza a empregar o castelán xunto co galego como vehículo de literatura. Co castelán como arma gaña o premio Nadal en 1968 con Un hombre que se parecía a Orestes, unha das súas obras máis coñecidas a nivel español, ou Viajes y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca.
A súa obra en galego é interesantísima: iniciouse na narrativa con Merlín e familia (Vigo, 1955) á que seguirán As crónicas do Sochantre ou a exótica Si o vello Simbad volvese ás illas.
É un escritor de mitos: continuamente a súa obra remite ós vellos libros de cabaleirías da época medieval, ás lendas artúricas e do Santo Grial...
10 ene 2011
Opinión
