Lois Pereiro
BIOGRAFÍA
Lois Sánchez Pereiro foi un famoso poeta e escritor galego, a quen este ano se dedica o día das Nosas Letras, contra todo prognóstico xa que é un autor a quen moitos consideraron “maldito”, “transgresor”, “underground”, “punk”... Pero a Academia, presidida por Méndez Ferrín, “tirouse á piscina” e aquí temos a Lois entre nós para festexar o 17 de maio de 2011.
Lois Pereiro naceu no ano 1958, en Monforte de Lemos e morreu na Coruña no ano 1996. Como vedes, morreu sendo aínda moi novo, xa que contaba con 38 anos só.
Cando tiña 17 anos viaxou a Madrid, para cursar Ciencias Políticas, que máis tarde deixaría polos idiomas, a literatura e a informática. Lois Pereiro sempre sentiu un gusto especial pola literatura, gusto que foi en aumento cando colaborou na revista “Loia”. Esta revista fundouna xunto a Manuel Rivas e Antón Patiño e só se publicaron catro números.
Cando voltou a Galicia, con 23 anos, tivo que compaxinar profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético e contribuíu coas súas aportacións a publicar obras de poesía de autores diversos. Este esforzo non pasou desapercibido para a RAG que destacou a importacia do seu traballo. Na Coruña, entrou a formar parte do “Grupo de Amor e Desamor”. Este grupo escribiría dous libros con ese mesmo título.
En marzo do ano 1995 Lois tiña 37 anos e quedábanlle trece meses de vida. O tempo nunca conseguira borrar as marcas que a colza (o famoso aceite desnaturalizado que matou un gran número de persoas por esas datas en España) deixara no seu corpo, cando se envelenou con el en Madrid con apenas 23 anos. Xa abandoara por estas datas a heroína, pero xa era tarde e había un ano que lle diagnosticaran a SIDA e fora hospitalizado varias veces. O poeta ventáralle o alento á morte varias veces xa. Morre o 24 de Maio de 1996.
BIBLIOGRAFÍA:
Aínda que escribiu moitos poemas e artigos interesantes e importantes, non foi ata 1991 cando se publicou o seu primeiro libro: Poemas 1981/1991.
Tres anos despois publicou Poesía última de amor e enfermidade.
Outro libro seu é Poemas para unha Loia, publicado despois da súa morte.
Tamén se publicaron postumamente o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia e a novela, inconclusa, Náufragos do paradiso.

David Vidal
4 comentarios:
Interesante vida a de Lois Pereiro si señor..
Penso que foi un home de "mundo" que fixo bastante pola nosa cultura
Vaia xefe!
É a primeira vez que leo sobre a vida dun galego punk.
Dimo a min que fun o que tiven que redactar isto!!
jajaja si moi interesante, que pena que morrera, un gran autor si señor
unha aperta!
Publicar un comentario