Agora coméntovos eu un poemiña que me gustou moito:
Outro poema de amor
El xa non sentía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen.
A interpretación que eu lle dou a este poema é:
Os personaxes son unha parella, que pode ser que convivan xuntos. Ela é a encargada das tarefas da casa... Pero a súa relación, non sabemos por que motivo, foise desgastando, e el farto da súa vida, suicidouse. Ela, cando o ve alí tirado, enriba da alfombra, xa non sabe se o quixo algunha vez, nin tan sequera se o botaba de menos; simplemente pensa que terá que limpar a alfombra, facer ese traballo cotián... e iso é o único que ocupa o seu pensamento. Polo que máis parece que o poema debería titularse: OUTRO POEMA DE DESAMOR.
Non credes? Que opinades? Patricia Freire
2 comentarios:
creo que a dona do home estaba tan cansada dese desamor que cando morreu o seu home asustouse da indiferencia que sentía.
Non está mal, Laura, non está nada mal... Segue comentando, ánimo!
Publicar un comentario