4 feb 2011

Un poema de LOIS PEREIRO


Son Juan Picos (Rony) de 4ºA e estou aquí para facer un comentario dun poema de Lois Pereiro que me gustou moito.
Creo que é un poema moi bonito, que me fai lembrar a miña moza posto que fala dun amor que o fai sufrir e non parar de pensar nel, fala tamén de alguén a quen quere moito...
Afirma que o que lle ocorra á persoa amada tamén lle ocorre a el: sufrimento, gozo...
Penso que trata dunha persoa que deposita todo o seu tempo, amor, paixón... na persoa que ama e a quen nunca esquecerá.
Hai moitas palabras que resaltan o que sente o eu-poético que poderían ser ditas a unha persoa para conquistala. E agora, nen@s, dedícadelle este poema á persoa que queirades, así como eu llo dedico a Claudia. Un bico enorme.

"Explórote cos ollos"
Poesía última de amor e enfermidade
Explórote cos ollos
descúbrote por dentro
profanando o teu sangue que levo ó meu desexo
paséome por ti
examino os teus procesos
orgánicos
mátote e morro en ti
máis docemente

ou mellor
inocúlame ti a min
veleno dos teus dentes
mergúllate no meu sangue
inxéctate nas veas
que te observan

e xa doente dóeme
a túa dor no teu desexo
berrando en cada óso
e a túa morte
mátame e resucítame
para ó final
morrerme

morre en min
sobrevive
letal amor
que nunca perde
o alento
coa súa sede de amor
e os seus cinco
sentidos

Lois Pereiro

8 comentarios:

jlg dijo...

Vale, Juan. Preciosa imaxe e emotiva dedicatoria.

Juan Picos dijo...

Seino, é que me esmerei moito.
E ti quen eres?

Begoña dijo...

A ver... pensa, pensa... non é moi difícil...

jlg dijo...

Temos traballado a treo xuntos a prol da lingua propia do país. Se miras os gadgets do blog, xa o descobres.

Irene T. dijo...

jajajaajajaja, Rony é moi fácil! Pensa, pensa...

Juan Picos dijo...

Pois nin idea, como non mo digades...

Juan Picos dijo...

Xa sei quen é....

Irene T. dijo...

Si Rony?? jajaja